Inicio

Curso Universitario Internacional de Música Española
Interpretación e Información
Medalla de Honor (1997) de la Real Academia de Bellas Artes de San Fernando

Ensinos e Profesores: CantoVOLVER A LA LISTA


Ana María Sánchez, Soprano

Naceu en Elda (Alicante).
É licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Alicante, que concedeuna no ano 2000 o "Laurel de Oro das Artes".

Estudiou a carreira de Canto no Conservatorio Superior de Música "Óscar Esplá" de Alicante, ca soprano Dolores Pérez e na Escuela Superior de Canto de Madrid, onde estudiou con Isabel Penagos e Miguel Zanetti, obtendo o Premio Extraordinario de fin de Carreira "Lola Rodríguez de Aragón".

Entre outros premios recibidos, destacan o Premio á mellor interpretación de Música en euskera no IV Concurso Internacional de Canto de Bilbao no 1992 e o segundo Premio no XXX Concurso Internacional de Canto "Città di Enna" en Italia no 1993.

Debutou na ópera como Abigaille de Nabucco no 1994, en Palma de Mallorca. Dende entón actuou nas tempadas dos teatros de ópera máis importantes como a Staatsoper de Hamburgo, Bayerische Staatsoper de Munich, Deutsche Oper de Berlín, Ópera de Dresde, Ópera de Zurich, Festpielhaus de Salzburgo, Ópera du Rhin de Estrasburgo, Opéra de Marseille, Maggio Musicale fiorentino, La Fenice de Venecia, Teatro San Carlo de Lisboa, Gran Teatre del Liceu de Barcelona, Teatro Real de Madrid, Euskalduna de Bilbao, Palau de les Arts e Palau da Música de Valencia, Teatro Campoamor de Oviedo, Maestranza de Sevilla, Teatro Cervantes de Málaga, Teatro Principal de Santiago de Compostela, Palacio da ópera de A Coruña, Teatro Colón de Buenos Aires, Teatro Bellas Artes de México, Metropolitan Opera House de New York, etc.
Así mesmo participou en festivais coma o de Ravenna, Wiesbaden, Quincena donostiarra de San Sebastián, Festival Internacional de Santander, Festival Internacional de música de Canarias, Festival Internacional de música e danza de Granada, Festival de Peralada, etc.

Interpretou os roles titulares de Adriana Lecouvreur, Norma, Tosca, Anna Bolena, Lucrezia Borgia, Aida, Gernika, María del Carmen, Ildegonda, así coma Mathilde en Guillaume Tell, Donna Anna en Don Giovanni, Leonora di Vargas en La forza del destino, Leonora di Sesé en Il trovatore, Elisabetta di Valois en Don Carlo, Amelia en Un ballo in maschera, Liù en Turandot, Rosario en Goyescas, Rosa en Maror, Salud en La vida breve, Lore en Zigor, Lady Clifford en Henry Clifford, Chrysotemis en Elektra, Abigaille en Nabucco, Desdémona en Otello, Elisabeth en Roberto Devereux, Margarita en Mefistofele, Elisabeth en Tannhäuser, Anna en Le Villi, Valentine en Los Hugonotes, Sita en Le roi de Lahore, Bruja/Blanca en La Bruja, Rosa en Juan José, María en Roger de Flor, Enriqueta en El Relámpago, Clara en El mozo de mulas, etc.

Combina as súas actuacións operísticas con concertos e recitais de Música de Cámara e Oratorio entre os que interpretou Stabat Mater e Te Deum de Dvorak, Novena Sinfonía de Beethoven, La muerte de Cleopatra e La infancia de Cristo de Berlioz, Cuatro últimos Lieder de Strauss, Gloria de Vivaldi, El Pessebre de Pau Casals, Las últimas siete palabras de Nuestro Señor en la Cruz de Haydn, Cuarta Sinfonía de Mahler, La canción de la tierra de Mahler, Réquiem de Verdi, etc., así coma concertos de música española.

Grabou La vida breve de Falla con Max Valdés; El Pesebre de Pau Casals con Lawrence Foster; Maror de Manuel Palau con Enrique García Asensio; Le roi de Lahor de Massenet con Marcello Viotti; Ildegonda de Arrieta con Jesús López Cobos; "Concierto Lírico de ópera y zarzuela" del Teatro Real de Madrid con Jesús López Cobos; "Zarzuela" e "Dúos de zarzuela" con Enrique García Asensio e a Orquestra de RTVE; Gernika con José Ramón Encinar e a Orquestra de Euskadi , e a ópera de Sorozábal, Juan José, con José Luis Estellés e a Orquestra do Centro Superior de Música del País Vasco.
Ademais participou nas gravacións de "El dúo de la africana" do Teatro Real, con Jesús López Cobos, "Clásicos Populares 9" con Enrique García Asensio, Divas del Canto e Gala Lírica 2 ca Orquestra de RTVE e Odón Alonso, e as recompilacións Voces de Zarzuela e Bellissimo, french Opera.

Colaborou en distintas publicacións especializadas con artigos sobre a voz e o Canto, e realizou varias conferencias sobre temas relacionados ca ópera e o estudio do Canto.

Compaxina a súa carreira profesional ca docencia, impartindo Master class en diversos puntos da xeografía española.

É profesora de Canto en Musikene (Centro Superior de Música do País Vasco) e do Conservatorio Superior de Alicante "Óscar Esplá" no que imparte o Master de Interpretación na especialidade de Canto. De 2008 a 2012 formou parte do claustro de profesores do Conservatorio Superior do Liceo de Barcelona.

Participou na estrea mundial da ópera Juan José de Pablo Sorozábal da que realizouse gravación discográfica e da estrea mundial en España da versión orixinal en inglés da ópera Henry Clifford de Isaac Albéniz, con José de Eusebio.

É directora artística e presidente do xurado do Concurso internacional de Canto "Ciudad de Elda".

Forma parte do Padroado da Fundación Clarós contra a xordeira profunda.

É Académica Numeraria da Real Academia de Belas Artes de San Carlos de Valencia.

Recibíu a Encomenda de Número da Real Orden do Mérito Civil.