Inicio

Curso Universitario Internacional de Música Española
Interpretación e Información
Medalla de Honor (1997) de la Real Academia de Bellas Artes de San Fernando

Condicións de admisión de alumnos


Os Cursos Internacionais de "Música en Compostela" refírense, exclusivamente, á Información e Interpretación da Música Española. Poden asistir a eles os músicos de calquera nacionalidade, en posesión dun alto e recoñecido nivel técnico.

O seu alumnado consta de tres clases: Bolseiros, Activos e Oíntes.

 

Alumno Bolseiro: Todos os alumnos que sexan beneficiarios dunha bolsa de "Música en Compostela", terán dereito ó aloxamento e pensión alimenticia na Residencia Universitaria "Burgo Das Nacións" durante o período lectivo.

Dereitos de inscrición alumnos Bolseiros: 380 €.

Os candidatos que non sexan beneficiarios dunha bolsa poderán participar no Curso de condición de Alumnos Activo ou Oíntes.

 

Alumno Activo: Todas aquelas persoas que foran admitidos pero non sexan beneficiarios dunha Bolsa de aloxamento e manutención, poderán participar igualmente no Curso coma Alumnos Activos, nas mesmas condicións académicas e participativas cos Alumnos Bolseiros. Estes alumnos poderán, se así o desexan, solicitar desta Secretaría a tramitación, do seu aloxamento e pensión alimenticia, nas mesmas instalacións universitarias co resto do alumnado Bolseiro. O importe destes servizos sempre correrá por conta do alumno que así o solicite e o seu importe terá que ser aboados xunto cos Dereitos de Inscrición.

Dereitos de inscrición alumnos Activos: 380 €.

Aloxamento e Pensión Alimenticia (para aqueles alumnos Activos que o solicitan): 435 €.

 

Alumno Oínte: A condición de Alumno Oínte será determinada mediante abono dos dereitos de inscrición, correndo pola súa conta o aloxamento e a pensión alimenticia.

Dereitos de inscrición alumnos Oíntes: 220 €.

 

Documentos a enviar por todos os candidatos

  • Boletín de inscrición debidamente cuberto.
    O boletín pódese descargar na páxina
  • "Currículum Vitae"
  • Fotocopia do D.N.I. ou Pasaporte
  • Dúas fotografías tamaño carné
  • Todos aqueles documentos que acrediten a súa formación musical
  • Consentimento dos pais (se o alumno é menor de idade)

TODOS AQUELES ALUMNOS QUE, SALVO XUSTIFICACIÓN OPORTUNA, NON PRESENTEN TODOS OS DOCUMENTOS REQUERIDOS NA CONVOCATORIA, NON SERÁN TIDOS EN CONTA COMO CANDIDATOS Á OBTENCIÓN DUNHA BOLSA.

 

Presentación de solicitudes e documentación

Todas as solicitudes de admisión deberán enviarse á Secretaría Xeral de "Música en Compostela" por correo electrónico ou por correo postal.

Prazo de presentación de solicitudes: do 1 de Xaneiro ó 31 de Maio do 2017.

As cantidades correspondentes ós Dereitos de inscrición serán aboadas no prazo que sexa indicado, tras a comunicación da admisión como alumno Bolseiro, Activo ou Oínte.

 

Observacións importantes

Unha vez terminado o prazo de admisión de solicitudes e analizada a documentación presentada por todos os candidatos, en reunión do Claustro de Profesores presidido polo Director de Curso, concederanse as Bolsas de "Música en Compostela" ós estudantes cun alto e recoñecido nivel técnico.

Todos os alumnos que envíen a súa documentación, recibirán por correo electrónico a mediados de xuño, a comunicación do resultado da súa solicitude. Tamén recibirán instrucións concretas acerca das obras que deberán traer preparadas para o seu estudo no Curso.

Todos os alumnos, sexan Bolseiros, Activos ou Oíntes, soamente poderán asistir a unha das ensinanzas. Calquera excepción deberá ser resolta polo Consello Directivo do Curso.

 

Renuncias e non comparecencias

Aqueles alumnos que obtivesen una Bolsa e polas razóns que foren renuncien a ela, deberán notificalo por escrito e xustificar de xeito convinte ás razóns da súa renuncia, antes de 15 días do inicio do Curso. De non facelo así e non cumprir co prazo estipulado para renunciar, non poderán optar a unha nova Beca na seguinte edición do Curso.

Se un alumno que obtivera unha Bolsa, non se presenta o Curso sen haber comunicado a súa renuncia á mesma, non poderá optar a unha nova Bolsa nas dúas seguintes edicións do Curso.

Os alumnos reincidentes en renuncias ou non comparecencias inxustificadas, serán desestimados definitivamente como candidatos a ser Bolseiros.

Os alumnos que queiran asistir ó Curso e estiveran excluídos dalgunha convocatoria por calquera das razóns anteriormente citadas, só poderán facelo en calidade de alumnos Oíntes, correndo pola súa conta todos os gastos que derívense da súa participación.