Inicio

Curso Universitario Internacional de Música Española
Interpretación e Información
Medalla de Honor (1997) de la Real Academia de Bellas Artes de San Fernando

Historia


Os Cursos Universitarios e Internacionais, Música en Compostela, foron creados no ano 1958, por iniciativa do mestre Andrés Segovia, apoiado polo diplomático, José Miguel Ruíz Morales, á sazón Director Xeral de Relacións Culturais no Ministerio de Asuntos Exteriores e Presidente de Música en Compostela dende o seu inicio ata o seu falecemento no 1974.

Tanto Andrés Segovia coma José Miguel Ruiz Morales creron firmemente que a música española merecía un lugar máis destacado nas salas de concertos e conservatorios de música do mundo.

Xuntos decidiron celebrar uns cursos, para os que había que buscar unha sede e un nome que os identificara. O Director da Real Academia de San Fernando, Francisco Javier Sánchez Cantón, propuxo a cidade de Santiago e Nenina Fabrique de Ruiz Morales acuñou a expresión "Música en Compostela".

Dende entón, os cursos veñen celebrándose todos os veráns en Santiago de Compostela, unha das cidades máis fermosas do norte de España, mantendo a súa finalidade de informar, interpretar e cultivar a música española, ideal que transmiten cada edición ós 120 alumnos, dunhas máis de vinte nacións que se matriculan nos cursos cada ano.

Moitos profesores ensinaron nas aulas dos cursos, dende o propio Andrés Segovia, ata os máis prestixiosos nomes de Oscar Esplá (o seu primeiro director), Federico Mompou, Joaquín Rodrigo, Alicia de Larrocha, Xavier Montsalvatge, Victoria de los Ángeles, Montserrat Caballé (ex- alumna), Conchita Badía, Gaspar Cassadó, Rosa Sabater e, xa en data máis recente, Carmelo Bernaola e Cristóbal Halffter (ex alumnos tamén), Luis de Pablo, Antonio Iglesias, Isabel Penagos e Antón García Abril, contándose entre o seu alumnado, a Jesús López Cobos, John Williams e Christopher Hodwood, citándoos como exemplos ilustres, entre outros moitísimos nomes.

Na actualidade cabe sinalar o seguinte cadro de ensinanzas e profesores: Canto: Ana Mª Sánchez, Guitarra: José Luis Rodrigo, Musicoloxía: José López Calo, Órgano: Roberto Fresco e Montserrat Torrent, Piano: Josep Colom, Polifonía: Carmen Cruz Simó, Sinfonismo e Música Actual: Antón García Abril e Maximino Zumalave, Viola e Música de Cámara: Ashan Pillai, Violín: Agustín León Ara e Violonchelo: Ángel Luis Quintana.



Dende 1968, a Súa Maxestade a Raíña Dona Sofía honra a Música en Compostela como a súa Presidenta de Honor, nun Consello Directivo que estivo presidido co máximo interés por Margarita Pastor de Jessen, Carlos Romero de Lecea, Xerardo Estévez Fernández e, na actualidade, por Xerardo Fernández Albor. Ademais de figurar no Consello de modo oficial a Universidade, Concello da Cidade e a Xunta de Galicia, son conselleiros a título persoal, Montserrat Caballé, Enrique Jiménez, Agustín León Ara, Cristina Hazen e María Dobarro. No ano 2011 Agustín León Ara foi nomeado Director.

Non poucos dos nomes anteriores son membros da Real Academia de Belas Artes de San Fernando, quenes enaltecen e enriquecen a labor docente de Música en Compostela coas súas doutas ensinanzas. A súa experiencia persoal e coñecementos son esenciais para que Música en Compostela cumpra o obxectivo fixado fai medio século: a difusión en tódolos países do mundo da música española.

Contribúe ó propio traballo das súas aulas, a serie de concertos, conferencias e edición de libros e partituras que o Curso Universitario Internacional ofrece gratuitamente ó seu alumnado cosmopolita, alumnos que co paso do tempo convertéronse en profesores, concertistas e musicólogos que ocúpanse con interese da música española na súa verdadeira expresión artística.

Ademais de destacar o clima de estudio e camaradería xerado durante todos e cada un dos Cursos celebrados ata a data, que transcende máis alá das nosas fronteiras, hai un aspecto digno de mención e é a proxección musical dos miles de alumnos que dende 1958 acudiron os Cursos, quenes á hora de interpretar no estranxeiro a música española, actúan como verdadeiros embaixadores culturais de España, de Galicia e de Santiago.