Inicio

Curso Universitario Internacional de Música Española
Interpretación e Información
Medalla de Honor (1997) de la Real Academia de Bellas Artes de San Fernando

Ensinos e Profesores: ÓrganoVOLVER A LA LISTA


Roberto Fresco

Roberto Fresco é o organista titular da Catedral de Santa María la Real de la Almudena de Madrid e profesor de órgano do Centro Superior de Enseñanza Musical Katarina Gurska, tamén de Madrid.

Naceu en Astorga no 1967. Nesa cidade inicia a súa educación musical e posteriormente a continua no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid. Entre 1994 e 1996 estudia na Hochschule für Musik und Darstellende Kunst de Viena con Michael Radulescu, personalidade á que debe moitos rasgos do seu pensamento musical. Pero foi a española Montserrat Torrent quen exerceu verdadeira influenza sobre el, non só en todo o relativo á interpretación senón tamén en cuestións directamente relacionadas coa pedagoxía, moi especialmente sobre a música española.

A súa carreira coma concertista e profesor levouno a través de Europa, EEUU, América Latina e as Illas Filipinas e colaborou habitualmente con solistas e grupos vocais e instrumentais, abordando repertorios que abarcan seis séculos de música para órgano. Realizou diversos traballos discográficos que inclúen tanto música antiga coma música do século XX. Foi profesor de clave no Conservatorio Superior de Musica de Castilla y León e no Conservatorio Profesional de Música "Federico Moreno Torroba" de Madrid. Así mesmo foi profesor de órgano no Conservatorio Profesional de Música de Palencia e no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid.

É fundador e director da Academia de Órgano "Fray Joseph de Echevarría" que se celebra anualmente nos órganos históricos de Tierra de Campos (Palencia) e que ten como finalidade a promoción dos órganos antigos españois e de toda a literatura que foi escrita para eles.