Inicio

Curso Universitario Internacional de Música Española
Interpretación e Información
Medalla de Honor (1997) de la Real Academia de Bellas Artes de San Fernando

Ensinos e Profesores: Viola y Música de cámaraVOLVER A LA LISTA


Ashan Pillai

Ashan Pillai é actualmente un dos principais violistas e pedagogos do sur de Europa. Os éxitos precoces en numerosos concursos levárono a debutar con recitais aclamados pola crítica en Londres e Nova York (Wigmore Hall, Purcell Room and Carnegie Hall) e a colaborar profusamente como solista e músico de cámara con Christopher Hogwood, Christian Zacarias e Pinchas Zukerman entre outros. Todo elo levouno a actuar por todo o mundo en destacados festivais de música de cámara como o Schleswig Holstein (Alemaña), Casals (España, Puerto Rico e Francia), Kuhkmo (Finlandia), Ravinia, Aspen, Tanglewood, Sarasota (Estados Unidos), Salzburg (Austria), The Proms (Londres) etc., e a actuar como solista cas orquestras de cámara inglesa, escocesa, andorrana, a Orquestra de cámara checa, a orquestra Gulbenkian de Lisboa, Ensemble Modern (Frankfurt) e Londres e os Nueva York Musici.

Ashan Pillai, nado en Srilanka de nacionalidade británica, estudou en Londres (Royal Academy of Music), Os Anxeles (University of Southern California) e Nova York (Juilliard School) con John White, Karen Tuttle e Donald McInnes. Entre 1994 e 1997 gañou os premios especiais nos concursos Internacionais Tertis e Roma así coma o Royal Overseas League, o Park Lane Group e o Artist International. Foi fundador do conxunto de cámara Mobius, e membro da English Chamber Orchestra e violista del Zukerman Chamber Players na súa formación de quinteto. Grabou profusamente, para EMI, Belio, Naxos, ASV, Verso, Columna Música, Altara, Oehms Classics, e a SGAE e a súa discografía inclúe a colección máis ampla de repertorio español para solo viola e viola e piano. Tamén participou nas estreas de algúns dos compositores contemporáneos máis representativos, coma Krystof Penderecki, Wolfgang Rihm e Gavin Bryars e estreado moitas obras de compositores españois entre os que figuran Leonardo Balada, Antón García Abril, Jordi Cervelló, Lluis Benejam, Francisco Fleta e Benet Casablancas entre outros.

Dende o ano 1995 ó ano 2000 foi asistente de viola na English Chamber Orchestra e dende o ano 2000 é solista de viola na Orquestra Sinfónica de Barcelona e Nacional de Cataluña (OCB) e profesor de viola da Escola Superior de Música de Cataluña (ESMUC), o Conservatorio del Liceu e profesor visitante da Universidade Alfonso X en Madrid. Impartíu e imparte con regularidade clases maxistrais por todo o mundo.

Toca cunha viola do luthier americano Gregg Alf (modelo Gaspar da Saló) construída no 1992.